O quinto encontro da tempada do Bóveda Slam Poetry elixe aos últimos clasificados para a gran final

O municipio de Bóveda celebrou o Encontro V da Tempada IV de Slam Poetry (2025-2026), no que participaron os poetas José Antonio, Iván, José Manuel Rodríguez, Manuel Formoso, Ste, Sandra, Ana Belén Gómez e Cristina Pérez.
No transcurso desta sesión decidíronse as últimas persoas clasificadas da tempada, nun encontro no que se recoñeceron distintas puntuacións e categorías.
Os resultados finais deixaron como gañador do encontro a José Antonio G., que obtivo o Caderno de ouro. O Caderno de prata foi para Sandra, que se clasifica para a Gran Final, mentres que os Cadernos de bronce foron para Ste e Cristina Pérez. Ste acadou o Caderno de bronce tras resolver un empate con Sandra, mentres que Cristina Pérez, a tan só unha décima das puntuacións de Ste e Sandra, tamén foi recoñecida co Caderno de bronce de maneira excepcional.
Desde a organización felicitan a todas as persoas participantes pola calidade das súas intervencións e agradeceu a súa contribución para facer gozar ao público da poesía.