O Punto de Atención á Infancia de Bóveda abre o prazo para solicitar a matrícula

RibeiraSacraXa
O Concello de Bóveda abre o prazo de matriculación no Punto de Atención á Infancia (PAI) para aquelas familias que precisen deste servizo.
2 Abr 2024

O Concello de Bóveda abre o prazo de matriculación no Punto de Atención á Infancia (PAI) para aquelas familias que precisen deste servizo.

Así, desde o vindeiro 16 de abril e ata o 30 as persoas interesadas poderán inscribir aos seus fillos no PAI nas dependencias municipais entre as 09.30 e as 14.30 horas.

Tras a presentación de solicitudes, a lista definitiva publicarase no taboleiro de anuncios, na páxina web do Concello e no PAI, pero só os admitidos recibirán notificación por escrito da resolución.

0.18278789520264