O PSOE do Saviñao puxo a disposición dos veciños un formulario para que pidan o que necesitan

RibeiraSacraXa
O PSOE do Saviñao habilita un formulario para que os veciños pidan o que necesitan e así "formar unha candidatura forte"
PSOE Saviñao
PSOE Saviñao
5 mar 2023

O PSOE do Saviñao abre un período de aportacións ao programa para que os veciños poidan comunicar todo o que lles preocupa a través dunha ligazón a un formulario.

Din os socialistas do Saviñao que "o verdadeiro significado de política e de quen funcionamos como representantes nas institucións políticas non é outra que reflectir as problemáticas da xente e tentarlles pór solución".

Así, mediante este formulario, teñen como obxectivo recoller os aspectos que a sociedade cre que deben ser mellorados no Saviñao.

"Fronte ao estancamento no que o goberno do PP pretende seguir tendo anquilosado o Saviñao e aos seus veciños e veciñas, debemos facer unha candidatura forte e que sexa realmente útil para a mellora do día a día de cada un dos lugares e sectores socioeconómicos do concello", argumentaron.

O cuestionario é anónimo, pero se algunha persoa quere que o PSOE contacte con ela para tratar algunha proposta polo miúdo, pode poñer o seu contacto.