O PSOE de Pantón estivo na presentación da residencia da Fundación San Rosendo

RibeiraSacraXa
O PSOE de Pantón estivo na presentación da residencia da Fundación San Rosendo que tivo lugar no municipio
PSOE PANTON
PSOE PANTON
23 Mar 2023

A Fundación San Rosendo acollerá a primeira residencia para maiores de persoas dependentes en Pantón.

A previsión é que o centro teña dúas unidades de convivencia de 18 prazas cada unha, o que supón un total de 36 prazas.

Ademais, dispoñerá dunha zona de atención especializada onde se prestarán servizos de atención xeriátrica enfermería, rehabilitación e unidade social, ademais dos demais servizos básicos necesarios.

O PSOE de Pantón, que acudiu á presentación deste proxecto, explica que “aproveitamos o momento para falar cos representantes da Fundación onde nos argumentaron os tempos e obras para realizar na primeira residencia, que se construirá na finca do Concello, que dá á estrada de ourense e Xeneral Fernández Nuñez”.

Tamén falaron da segunda residencia que se construirá no edificio doado pola familia Ramiro e Josefina á Fundación San Rosendo situada na calle Xaquín Arias Sanxurxo.

Entre as dúas residencias, darase servizo a aproximadamente 70 maiores do Pantón.

O inicio da primeira xa é inminente e a construción da segunda empezará no momento que teñan os permisos da Xunta.

Fundacion San Rosendo
0.19449901580811