O programa ACTIVA leva a Manzaneda actividades para fomentar o benestar e a participación das mulleres

O concello de Manzaneda continúa co desenvolvemento do programa ACTIVA, unha iniciativa coordinada polo Concello de Manzaneda e concibida para crear espazos de encontro, aprendizaxe e benestar para as mulleres no medio rural.
Entre as actividades previstas figuran os obradoiros de memoria, que se desenvolven os martes e venres, de 17.00 a 18.30 horas, na Algueirada. O programa tamén inclúe propostas relacionadas co benestar físico e mental, como o obradoiro Activamente, que ten lugar os luns e mércores.
No apartado de expresión artística, os martes, de 18.30 a 19.30 horas, celébrase o obradoiro Martes de arte, mentres que os mércores, no mesmo horario, se desenvolve o de Recuperación de saberes. Os venres, de 16.00 a 21.00 horas, a programación céntrase no obradoiro de Cultura galega. A iniciativa inclúe tamén actividades de participación cidadá, entre elas unha excursión a Vila Real.
O programa ACTIVA desenvólvese ao abeiro das axudas de igualdade da Xunta de Galicia e está cofinanciado pola Unión Europea a través de Fondos Europeos. Para obter información sobre o desenvolvemento dos obradoiros, as prazas ou novas convocatorias, as persoas interesadas poden contactar coas oficinas municipais do Concello de Manzaneda.