Bóveda prepárase para a XX edición da Feira Outrora

RibeiraSacraXa
Representantes da Xunta como do Concello de Bóveda animaron ás persoas da Agolada a achegarse a Rubián
Feira-de-Outrora-Bóveda-en-Pontevedra
Feira-de-Outrora-Bóveda-en-Pontevedra
7 Xul 2024

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, promocionou a XX Feira Outrora de Bóveda en Agolada, Pontevedra, xunto ao alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, e a concelleira de Cultura, Cristina Juiz.

Xunto a eles, tamén estivo o conselleiro de Emprego, a xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, o director xeral de Comercio e o director da Agacal.

Así, entre todos, animaron á poboación deste concello pontevedrés a asistir á cita que se desenvolverá en Rubián o vindeiro domingo, 14 de xullo.

Desde o Concello de Bóveda agradecen o apoio que os asistentes á Feira de Artesanía de Agolada lle deron á Feira Outrora, que este ano cumpre 20 anos.

0.18791699409485