Bóveda prepárase para a XX edición da Feira Outrora

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, promocionou a XX Feira Outrora de Bóveda en Agolada, Pontevedra, xunto ao alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, e a concelleira de Cultura, Cristina Juiz.
Xunto a eles, tamén estivo o conselleiro de Emprego, a xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, o director xeral de Comercio e o director da Agacal.
Así, entre todos, animaron á poboación deste concello pontevedrés a asistir á cita que se desenvolverá en Rubián o vindeiro domingo, 14 de xullo.
Desde o Concello de Bóveda agradecen o apoio que os asistentes á Feira de Artesanía de Agolada lle deron á Feira Outrora, que este ano cumpre 20 anos.