O PP denuncia que a Deputación de Lugo aínda non levou a cabo desbroces en Folgoso do Courel

RibeiraSacraXa
“Unha vez máis ponse en evidencia a deficiente xestión do goberno provincial de PSOE e BNG que, ademais, pon en risco a todos os usuarios destas estradas", sosteñen
estrada-desbroces-Folgoso-do-Courel
11 Oct 2024

O PP denuncia que, en outubro, PSOE e BNG da Deputación de Lugo "aínda non desbrozaron nin unha silva das estradas provinciais en Folgoso do Courel.

“Estamos en outubro e non tocaron nin unha silva nas estradas provinciais de Folgoso do Courel”. Así de contundente se amosa o voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, tras percorrer es vías propiedade da Deputación neste municipio xunto a súa alcaldesa, Lola Castro.

Antonio Ameijide pon sobre a mesa esta realidade, exemplificada en Folgoso do Courel, pero que “afecta a moitos concellos” nos que aínda se están iniciando estes traballos e outros nos que nada se fixo.

“Unha vez máis ponse en evidencia a deficiente xestión do goberno provincial de PSOE e BNG que, ademais, pon en risco a todos os usuarios destas estradas xa que a maleza invade a estrada e diminúe o espazo para que os vehículos poidan circular”, explicou.

“Unha desatención” que provoca que “se transmita a todos os turistas unha imaxe moi mala, de total abandono da provincia. E temos que escoitar que PSOE e BNG tamén apoian que a Ribeira Sacra sexa nomeada Patrimonio da Humanidade, pero á hora da verdade, cando poden apoiar a candidatura con feitos, non fan nada, denunciou.

Pola contra, hai outras administracións e incluso os particulares e o sector privado se esforzan por traballar na mesma dirección para lograr unha boa imaxe da provincia e ofrecer servizos para consolidar o sector turístico, “pero o goberno de PSOE e BNG non está a axudar en nada”.

0.16572093963623