O PP denuncia a situación "intransitable" das estradas do sur da provincia de Lugo

RibeiraSacraXa
Poñen de exemplo a situación das estradas provinciais nos concellos de Bóveda, A Pobra do Brollón, Pantón, Sober ou Carballedo
PP-estradas-sur-lugo
25 Nov 2024

Os deputados do Grupo Provincial Popular pedirán no pleno da Deputación de Lugo que o PSOE e o BNG se posicionen sobre o desenvolvemento da provincia no que se refire ao ámbito industrial e ao das comunicacións.

Por unha banda, incidirán na necesidade de desenvolver un plan para a reparación, mellora e mantemento das vías provinciais como están a reclamar de xeito reiterado á vista das queixas que lles trasladan alcaldes, portavoces e os propios veciños. Nesta ocasión, os populares fan fincapé no estado case intransitable de moitas estradas da Deputación nos municipios do sur da provincia -como Bóveda, A Pobra do Brollón, Pantón, Sober ou Carballedo, por citar algúns- que ocasionan trastornos diarios aos usuarios ao dificultar a súa mobilidade e, ademais, a conexión dos visitantes con puntos de interese turístico da Ribeira Sacra.

O portavoz, Antonio Ameijide, lembra que “o clamor polo pésimo estado de vías provinciais chegou ao pleno nalgún dos Concellos onde estas reivindicacións foron apoiadas de forma unánime polos grupos dos distintos partidos”.

0.16775703430176