O PP de Ribas de Sil acusa ao Goberno municipal de renunciar a unha axuda de 35.000 euros

RibeiraSacraXa
A axuda, procedente do Plan de Cooperación cos Concellos da Deputación de Lugo, tiña previsto destinarse ao acondicionamento da escola de Nogueira
pp-ribas-de-sil
14 May 2026

O PP de Ribas de Sil acusa ao Goberno local de ter renunciado a 35.000 euros do Plan de Cooperación cos Concellos da Deputación de Lugo correspondente ao ano 2024 para o acondicionamento da escola de Nogueira.

A portavoz, Sandra Macía, sinala que “o Concello tiña solicitado esa achega á Deputación de Lugo para o acondicionamento da escola de Nogueira; pero, finalmente, renunciou a esa axuda”.

A popular condena a xestión do goberno municipal do PSOE e o acusa de perder unha cantidade importante que permitiría facer unha obra no municipio. Así mesmo, cre que “non se deberían perder oportunidades coas que poder mellorar Ribas de Sil”. De feito, afirma, “non só se perdeu esa cantidade de diñeiro; senón que se perdeu a oportunidade de mellorar a escola de Nogueira. E, no caso de querer recuperar ese proxecto, suporía retirar financiamento para outra actuación en Ribas de Sil”.

0.12254405021667