O PP de Monforte solicita elaborar un plan de impulso para a música e danza tradicional galega

O PP de Monforte defenderá no pleno deste mes unha iniciativa para esixir ao equipo de goberno local un plan de impulso para a música e danza tradicional galega. Os populares piden “un compromiso real e efectivo” coa cultura tradicional galega xa que, segundo aseguran, nos últimos anos deixouse de apoiar aos colectivos monfortinos que manteñen viva a cultura e o folclore tradicional galego.
A iniciativa, sinalan, busca “defender a necesidade de recuperar o esplendor dun sector que, historicamente, contou cunha gran implicación dos veciños de Monforte, especialmente dos máis novos”. Segundo a voceira, Katy Varela, baixo a xestión do actual equipo de goberno, produciuse un cambio preocupante na realidade cultural da cidade. “Diminuíu o número de persoas nas clases de música tradicional, o que ten como resultado que o Concello vese na obriga de contratar colectivos de fóra para as celebracións locais por non contar con xente suficiente no municipio”, afirma a popular, que denuncia “as queixas de Tomé sobre o custo do conservatorio”. “Resulta contraditorio que o alcalde lamente o investimento no conservatorio mentres anuncia un millón de euros para asfaltar rúas que non o precisan”, afirma.
Neste contexto, o PP defenderán unha moción na que se insta ao equipo de goberno a elaborar un plan integral para incentivar a danza e a música tradicional que contemple axudas directas para a adquisición de instrumentos e vestiario tradicional, o fomento das clases e actividades de formación e campañas de publicidade para impulsar a matriculación e a práctica destas disciplinas entre os máis novos.
Con esta iniciativa, afirman desde o PP, “queremos que Monforte volva a ser un referente na conservación e difusión das nosas raíces, garantindo o relevo xeracional nas agrupacións folclóricas da cidade