O PP de Monforte propón un plan de dinamización das parroquias

RibeiraSacraXa
A proposta inclúe bonificacións no IBI, levar actuacións culturais ás parroquias, desfibriladores portátiles, melloras nas infraestruturas parroquiais e mellorar os desbroces.
Katy-Varela-Monforte-de-Lemos
22 May 2026

O PP de Monforte defenderán no vindeiro pleno unha moción na que propoñen reforzar e incrementar as actuacións municipais dirixidas á revitalización do rural. Os populares consideran que, “aínda que se están a dar pasos”, o Concello dispón de “marxe de manobra suficiente” para poñer en marcha novas ferramentas que sirvan de revulsivo para fixar poboación, sen que isto supoña un esforzo financeiro elevado para as arcas locais.

Os concelleiros do PP insisten en que o rural implica, necesariamente, fortalecer a cohesión social, garantir uns servizos públicos básicos de calidade, xerar novas oportunidades económicas e mellorar a vida local e o acceso á vivenda. “Trátase dun reto de gran magnitude, no que todas as administracións públicas deben unir esforzos, actuando con lealdade, cooperación institucional e de forma exemplar fronte ao problema complexo do despoboamento”, sinalan.

Neste sentido insisten en que o problema require unha estratexia continua e ambiciosa, polo que sinalan que os vindeiros orzamentos municipais deben de recoller partidas específicas para implementar un paquete de cinco medidas moi definidas e viables.

Así, popoñen bonificacións do IBI, como contemplarn desconto do 25% na cota do imposto sobre bens inmobles de natureza urbana para aquelas vivendas situadas no rural. En canto á cultura, piden descentralizar a programación cultural do municipio, levando actividades de teatro, música ou mesmo cine de forma rotativa polas distintas parroquias. Ademais, solicitan adquirir 6 unidades móbiles de desfibriladores portátiles para poñer a disposición das comisións de festas ou de veciños para garantir a seguridade cardiovascular en calquera acto que se realice nas parroquias. Por último, propoñen mellorar as infraestruturas das parroquias, incrementando a dotación, conservación e mantemento dos espazos comunitarios, tales como os parques biosaludables e os locais sociais, e aumentar de xeito significativo a frecuencia de limpeza e desbroce dos camiños rurais.

Dende o Grupo Popular subliñan que “calquera intervención ou achega, por pequena que sexa, constitúe unha axuda crucial fronte ao despoboamento”.

0.14035296440125