O PP de Monforte de Lemos pide revisar as tubaxes da rúa Calvo Sotelo tras varios cortes de auga na rúa recén asfaltada

RibeiraSacraXa
O grupo municipal popular sinala que os veciños da rúa sufriron tres cortes de subministro en quince días e propón que se atenda a rede de abastecemento antes de repavimentar
Katy Varela PP Monforte
Imaxe de arquivo
6 Nov 2026

O Grupo Municipal do Partido Popular en Monforte de Lemos trasladou este venres a súa preocupación polos problemas que, segundo indica, se veñen repetindo no abastecemento de auga do municipio, centrando a súa intervención no caso da rúa Calvo Sotelo.

A voceira municipal popular, Katy Varela, explicou que os veciños desta vía sufriron tres cortes de auga nos últimos quince días, unha circunstancia que, na súa opinión, pon de manifesto a necesidade de revisar o estado das condutas.

Dende a formación consideran que as actuacións de repavimentado deberían ir acompañadas dunha revisión previa das tubaxes de abastecemento que pasan por baixo do asfalto, ante a posibilidade de que volvan producirse avarías nesa zona. Varela advertiu de que, de ocorrer isto, sería necesario levantar de novo o pavimento para reparar as condutas, o que implicaría repetir a obra de asfaltado.

O PP de Monforte propón así que as intervencións na rede de auga se aborden con carácter previo aos traballos de asfaltado, como forma de optimizar os investimentos municipais en vía pública.

0.15209102630615