O PP da Pobra do Brollón critica o vídeo promocional do municipio

RibeiraSacraXa
O PP da Pobra do Brollón critica o vídeo promocional do municipio que din ser unha obriga por parte do goberno local
Teddy Brollon portada
Teddy Brollon portada
23 mar 2023

Desde o Partido Popular da Pobra do Brollón din que deteectaron "ausencias e erros no vídeo para dar a coñecer o municipio", promocionado polo Concello.

Así, explican que "a promoción do Concello é unha obriga do goberno municipal, pero tamén é obrigado facelo correctamente e sen deixar fóra algúns dos principais atractivos que ofrece".

Os populares din que "é innegable que entre as celebracións máis amplamente coñecidas da Pobra do Brollón está o entroido da parroquia de Salcedo e o seu Oso". Porén, Teddy López apunta a que "dito entroido non aparece recollido no vídeo".

No PP consideran excesivo o resumo en canto aos miradoiros que se relatan e cuestionan tamén algunha das denominacións utilizadas para identificar unha antiga e coñecida infraestrutura, como é o caso da Ponte de Barxa de Lor.

Os populares tamén aprecian déficits na relación de ríos, dado que se alude a existencia de 4, cando en realidade son seis, incluído o Sil, que toca na ribeira de Vilachá.