O polígono de Xesto do Saviñao vén de ser declarado de utilidade pública e interese social

RibeiraSacraXa

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar o decreto da Consellería do Medio Rural polo que se declara de utilidade pública e interese social o polígono agroforestal de Xesto, situado no Concello do Saviñao.

poligono agroforestal Xunta
poligono agroforestal Xunta
22 feb 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar o decreto da Consellería do Medio Rural polo que se declara de utilidade pública e interese social o polígono agroforestal de Xesto, situado no Concello do Saviñao. Esta iniciativa, enmarcada na Lei de recuperación da terra agraria, abrangue unha superficie de 95,94 hectáreas, distribuídas en 143 parcelas de 33 propietarios.

A declaración de utilidade pública e de interese social implica o recoñecemento da existencia de razóns de interese público aos efectos da aplicación da tramitación de urxencia do procedemento.

A zona delimitada do polígono do Xesto atópase na área de actuación de varias indicacións xeográficas protexidas, como a IXP Castaña de Galicia, e existe unha gran demanda de terreos para a mellora da estrutura territorial de explotacións xa existentes ou a posta en marcha de novas iniciativas produtivas vencelladas á gandaría en extensivo.

Actualmente hai 30 polígonos agroforestais en marcha (en diferentes fases de execución), que supoñen a posta en valor de 9.323 hectáreas distribuídas en 30.357 parcelas propiedade de 8.568 veciños.