O Pleno de Monforte aproba a modificación da RPT do Concello

O Pleno de Monforte sacou adiante, cos votos favorables do PSOE e BNG, o expediente de Planificación e Ordenación do Persoal que contempla a modificación do cadro de persoal de funcionarios e a modificación da RPT.
Pola súa banda, quedou rexeitada a moción presentada por Esperta Monforte sobre a paralización do proxecto da zona D, así como a presentada polos populares para instar ao Goberno Central a que retome o proxecto do AVE do ano 2028 Lugo-Ourense.
Ademais, saiu adiante a aprobación provisional da modificación do artigo 4 “tarifas” de incremento do IPC nun 1,5% da ordenanza non fiscal reguladora da prestación de carácter non tributario pola rede de sumidoiros e deputación de auga. Igualmente, aprobouse unhamoción presentada polo BNG para adaptar a ordenanza do imposto de vehículo de tracción mecánica á normativa vixente, para que se inclúa no texto ““persoas con discapacidade”.
Por outro lado, quedou tamén aprobado o calendario fiscal, así como unha moción do BNG relativa a actual situación da rede de abastecemento de auga potable, e os expedientes relativos á ordenanza reguladora de bens inmobles e ás taxas relativas á entrada de vehículos a través de beirarrúas e reserva de epazos na vía pública para aparcadoros exclusivos e carga e descarga.