O Pleno de Folgoso do Courel pide por unanimidade a mellora da ambulancia local á Xunta de Galicia

RibeiraSacraXa
O Pleno de Folgoso do Courel aprobou por unanimidade a Proposta de Courel Vivo sobre a mellora da Ambulancia do 061 no Courel.
folgoso do courel
3 Jul 2022

O Pleno de Folgoso do Courel do 1 de xullo logrou chegar a un acordo entre os 3 grupos e aprobar por unanimidade a Proposta de Courel Vivo sobre a mellora da Ambulancia do 061 no Courel. Desde esta formación, aproveitaron para destacar que agardan "que a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia respecte os acordos locais e vexa que estamos a máis dunha hora do Hospital de referencia e somos un concello coa media de idade moi alta".

Asemade, desde Courel Vivo lembraron "que a ambulancia do Courel non conta coa altura necesaria para unha atención correcta". Ademais de salientar a súa reclamación á Xunta de "poñer dous técnicos no Courel, nos turnos de noite".

Pois, según afirman, "ter un ambulancía básica, a unha hora do Hospital de refenrencia, cun solo técnico e sen medicalizar, non nos cumpre as necesidades que se deberían ter nun zona como a nosa".

Nese mesmo pleno tamén se aprobou unha proposta do PP para mellorar a cobertura e Ftth (fibra) no concello. Porén, o que non prosperou foi a proposta que "versaba sobre a rehabilitación de vivendas e posta en aluguer para xente que o precise. O PP Do Caurel non ve a problemática demográfica que temos e as ruínas por todo o concello", explican desde Courel Vivo.

Así mesmo, o partido celebra que o  Equipo de Goberno  volva a poñer plenos cada 2 meses, logo dunha reclamación de Courel Vivo no Defensor del Pueblo. "Era unha falta de respecto para a veciñanza, estar 3 meses sen render contas. Falta de respecto tamén a eses concelleiros que ían andando moitos km , cada domingo ós plenos, con máis dificultades que agora", manifestan.

0.1718909740448