O Plan Concilia chega a Xunqueira de Espadanedo a partir do mes de setembro

RibeiraSacraXa
O programa busca axudar a compatibilizar os horarios escolares dos máis pequenos coas xornadas laborais das familias, con actividades de apoio, reforzo educativo e propostas lúdicas
conciliacion_imaxe_recurso
27 Aug 2026

O Plan Concilia estará dispoñible en Xunqueira de Espadanedo a partir do mes de setembro e ofrecerá diferentes actividades dirixidas aos nenos e nenas, co obxectivo de facilitar a organización familiar e favorecer a conciliación da vida laboral e familiar.

As persoas interesadas en participar poden poñerse en contacto co Concello para obter máis información. Nos próximos días celebrarase tamén unha reunión informativa na que se explicarán os detalles do programa, o seu funcionamento e as actividades previstas.

0.15103006362915