O Plan Básico Municipal de Pantón segue adiante tras emitirse o informe ambiental estratéxico

A Xunta de Galicia vén de emitir o informe ambiental estratéxico correspondente ao Plan Básico Municipal (PBM) do concello lucense de Pantón, un trámite clave dentro do proceso de planificación urbanística do municipio.
Segundo informou a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, este documento pon fin á avaliación ambiental estratéxica simplificada do plan. Tras analizar a documentación achegada polo promotor e as consultas realizadas durante o procedemento, conclúese que o PBM non terá efectos ambientais significativos, sempre que se cumpran determinadas condicións establecidas no propio informe.
Coa emisión deste ditame, o expediente continúa agora a súa tramitación administrativa co obxectivo de dotar a Pantón dun instrumento de ordenación urbanística propio. O concello, que na actualidade carece de planeamento xeral, poderá así delimitar os seus núcleos rurais e o solo rústico.
O informe xa foi remitido á Dirección Xeral de Urbanismo e feito público no Diario Oficial de Galicia, así como no portal web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
Os Plans Básicos Municipais están pensados para concellos de menos de 5.000 habitantes que non dispoñen de planeamento urbanístico xeral, permitindo unha ordenación básica do territorio sen fixar criterios de crecemento urbano.
Coa emisión deste ditame, o expediente continúa agora a súa tramitación administrativa co obxectivo de dotar a Pantón dun instrumento de ordenación urbanística propio