O Pereiro de Aguiar repartirá entradas para Funtastik No Limits entre os nenos do municipio

O Concello do Pereiro de Aguiar, en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, repartirá un ano máis entradas para que os nenos e nenas empadroados no municipio poidan asistir a Funtastik No Limits Ourense 2026.
O Concello entregará unha entrada por cada neno ou nena maior de 3 anos, mentres que o acceso dos menores desta idade é gratuíto. Para poder optar ás entradas é necesario estar empadroado no Pereiro de Aguiar, requisito que será comprobado de oficio.
As entradas son limitadas e asignaranse por estrita orde de inscrición. Para solicitalas, as persoas interesadas deberán enviar unha mensaxe de WhatsApp ao teléfono da Biblioteca, 685 528 538, indicando o nome e apelidos do menor, a súa idade e un teléfono de contacto. Non se aceptarán reservas mediante chamada telefónica.
Unha vez realizada a solicitude, as entradas poderán recollerse na Biblioteca Pública a partir da tarde do 2 de outubro. O horario de atención da biblioteca é de luns a venres, de 9.30 a 14.30 horas e de 15.30 a 19.30 horas. As entradas serán válidas entre os días 5 e 8 de outubro, no horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.
O Concello lembra que, no caso de non poder acudir finalmente, as persoas que teñan reservada unha entrada deberán comunicalo á Biblioteca para que poida ser asignada a outra persoa.