O peche do CEIP San Clodio de Ribas de Sil na Fonte da Prata vén de ser mellorado

RibeiraSacraXa
O peche do CEIP San Clodio de Ribas de Sil na Fonte da Prata vén de ser mellorado grazas á colaboración dos pais
colexio San Clodio Ribas de Sil
colexio San Clodio Ribas de Sil
10 may 2023

O CEIP de San Clodio de Ribas de Sil está a ser mellorado en canto ao seu peche na Fonte da Prata grazas, explican desde a corporación municipal, á axuda dos nais e pais dos alumnos do centro.

Ademais, anuncian que proximamente se adxudicarán as obras de reforma da Fonte da Prata, que contarán cun orzamento de 15.478,93 euros da Deputación de Lugo a través do seu Plan Único de 2023.

Así, con esta obra, mellorarase a accesibilidade, haberá un novo banco "de formas modernas", explican, e un novo peche, así como melloras na soleira de lousa.