O Paseo do Malecón de Monforte sufrirá cortes de tráfico polo Festival do Viño de Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa
Dende o Concello solicítase a colaboración dos cidadáns e a súa comprensión ante as molestias que estas alteracións do tráfico poidan ocasionar
Festival-do-Viño-Ribeira-Sacra-2023
Festival-do-Viño-Ribeira-Sacra-2023
29 Xuño 2024

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa do corte de tráfico de vehículos que se producirá no Paseo do Malecón durante a próxima semana por mor dos preparativos do Festival do Viño de Ribeira Sacra de Monforte, que se celebrará do 5 ao 7 de xullo.

O dispositivo de circulación previsto, e que vai a desenvolver a Policía Local, consiste no peche do paseo do Malecón por tramos, segundo as necesidades que se precisen para os traballos de montaxe e desmontaxe das distintas estruturas habilitadas para os participantes e visitantes do evento. Esta decisión tómase coa intención de interromper a circulación o menor tempo posible.

Con esta finalidade, poderanse diferenciar dúas actuacións distintas: Dende o día domingo 30 de xuño ás 7.00 horas e ata o día martes 9 de xullo ás 23.00 horas, pecharase a rúa Malecón dende o inicio ata a baixada lateral do Ambulatorio para facilitar a instalación e posterior desmontaxe dos stands que participan no evento.

A partir do mércores 3 de xullo desde as 7.00 horas e ata o luns día 8 de xullo ata as 23.00 horas, permanecerá pechada ao tráfico tanto a Rúa Malecón na súa totalidade, como o tramo de baixada lateral ó Ambulatorio.

Desde este sábado, 29 de xuño, a Policía Local comezará a suprimir os estacionamentos da zona, a fin de poder pechala nos tramos e horarios previstos.

Todos os cortes estarán convenientemente sinalizados, e se a execución dos traballos de desmontaxe finalmente fora inferior ó tempo previsto para facelos, procederase á reapertura do tráfico de forma inmediata.

Dende o Concello solicítase a colaboración dos cidadáns e a súa comprensión ante as molestias que estas alteracións do tráfico poidan ocasionar.

0.15518283843994