O obradoiro "Educación Emocional e Sexual na Familia" chega a Chantada o mércores

RibeiraSacraXa
O obradoiro "Educación Emocional e Sexual na Familia" chega a Chantada o mércores da man de Quérote + da Xunta
educacion sexual
17 Abr 2023

Quérote + impartirá un obradoiro de "Educación Emocional e Sexual na Familia" en Chantada o vindeiro mércores, 19 de abril.

Terá lugar desde as 17.00 ata as 18.30 horas no Telecentro de Chantada, onde haberá un espazo de conciliación para toda a rapazada a cargo de Velaísca.

Os obxectivos do taller son crear un espazo seguro para poder falar das dúbidas, preocupacións e dificultades dos nenos sen sentimentos de culpa ou xuízos de valor, dotar de coñecementos básicos para a educación sexual e construír ferramentas que axuden na xestión diaria da educación dos/as fillos e fillas.

O evento, organizado polo Servizo de Educación e Apoio Familiar de chantada, ten as prazas limitadas e para participar hai que inscribirse no correo educacionfamiliar@concellodechantada.org.

Educación sexual Chantada
0.19510507583618