O obradoiro de doces de Entroido do Ateneo Casino de Monforte será o 18

RibeiraSacraXa
Un obradoiro para elaborar doces de Entroido terá lugar o sábado no Ateneo Casino de Monforte. Esta actividade ten un custo de 25 euros.
orellas entroido
orellas entroido
13 Feb 2023

O centro cultural Ateneo Casino de Monforte acolle unha actividade de Entroido para elaborar doces típicos desta festa. Esta actividade ten un custo de 25 euros.

O obradoiro íase celebrar nunha primeira instancia o sábado 11 pero foi cancelado. Así, a nova cita gastronómica terá lugar este sábado, 18 de febreiro, no centro, na avenida de Galicia nº 31 e será impartido por Estefanía.

O Casino Ateneo é a sociedade máis antiga de Monforte de Lemos, xa que iniciou a súa andadura no primeiro tercio do século XIX, concretamente no ano 1835. Se ben, a súa traxectoria estivo marcada por numerosas fusións e rupturas, así como diversas denominacións e sedes.

Dende 1899, a sede do Circo Monforte, antiga denominación, ubicouse na rúa Cardenal e algunhas das súas actividades culturáis de maior repercusión era o baile de máscaras ou a escola de música que daba servicio a numerosos monfortinos.

Ateneo Casino postres entroido
0.18506002426147