O obradoiro ‘Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón’ realiza labores de poda e limpeza en espazos exteriores

RibeiraSacraXa
Os participantes continúan cos traballos de mantemento en diferentes puntos do municipio de Bóveda como parte da súa formación práctica
Obradoiro dual de emprego Bóveda
Foto: Concello de Bóveda
26 Oct 2026

O alumnado do obradoiro dual de emprego ‘Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón’ continúa cos seus labores de mantemento en diferentes puntos do municipio de Bóveda, dentro do programa formativo no que están inscritos.

Nesta nova actuación, os participantes encargáronse de tarefas de poda de vexetación e de limpeza de follas en varios espazos exteriores do termo municipal. Este tipo de traballos forma parte da vertente práctica do obradoiro, que combina a formación teórica coa realización de tarefas reais de mantemento e coidado de zonas públicas.

Con estas intervencións, o alumnado adquire experiencia directa en labores propias do mantemento de espazos verdes e urbanos, ao tempo que contribúe a mellorar o estado de distintos puntos do municipio.

0.19534611701965