O Museo Xeolóxico e o Etnográfico de Quiroga amplían os seus horarios

RibeiraSacraXa
O Museo Xeolóxico e o Etnográfico de Quiroga amplían os seus horarios durante este mes de agosto de verán para os visitantes
Museo Quiroga
4 Ago 2023

As delegacións de Cultura e Turismo anunciaron que o Museo Xeolóxico e o Museo Etnográfico de Quiroga amplían os seus horarios, abrindo de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas.

A maiores, polas tardes, e previa cita previa na Casa da Cultura, tamén se atenderán visitas entre as 17.00 a 19.00 horas e mantense ademais o servizo de atención para grupos (10 ou máis persoas) con cita previa.

Durante as fins de semana e os festivos, os museos conservan o seu horario de apertura: o museo Xeolóxico de 11.00 a 12.00 e o Etnográfico de 12.00 a 13.00 horas, manténdose as visitas para grupos.

Agosto

No mes de agosto, poñerase en marcha o programa “Coñece os museos de Quiroga”, a través do cal os museos contarán cunha xornada semanal de portas abertas nas que se poderá facer unha visita guiada con entrada gratuíta e sen cita previa.

A xornada de portas abertas do Museo Xeolóxico será todos os mércores de agosto a partir das 11.00 da mañá e a do Museo Etnográfico será todos os xoves tamén a partir das 11.00 da mañá.

Dende o Concello de Quiroga tomouse esta decisión como apoio ao turismo -incluídos os numerosos peregrinos que recorren o Camiño de Inverno- e tamén aos veciños, facilitando as visitas a estas instalacións ao contar cun horario máis amplo de apertura.

0.18851280212402