'O mundo de Martiña' será representado no auditorio de Chantada este xoves

RibeiraSacraXa
A Asociación Cultural Argalleiras de Monforte organiza para o vindeiro xoves, 23 de novembro, unha representación de teatro no auditorio de Chantada.
auditorio de Chantada
20 Nov 2023

A Asociación Cultural Argalleiras de Monforte organiza para o vindeiro xoves, 23 de novembro, unha representación de teatro no auditorio de Chantada.

Trátase da obra 'O mundo de Martiña', da man de Bátega Teatro na que actuarán Raquel López Cendán e Pedro Insua, actores de recoñecemento.

Así, a partir das 20.30 horas as persoas interesadas en participar desta actividade, que será de balde, poderán facelo achegándose ao auditorio ata completar o aforo.

O mundo de martiña Chantada
0.1707489490509