O Mesón Ferreiriño foi o gañador do Val de Quiroga de Tapas despois de recibir 80 votos

RibeiraSacraXa

"Os praceres da nosa terra" do Mesón Ferreiriño foi a tapa gañadora do concurso Val de Quiroga de Tapas que se desenvolveu entre o luns 18 ata o martes 26 de marzo con dez establecementos participantes.

gañador Val Quiroga de Tapas 2024
gañador Val Quiroga de Tapas 2024
4 abr 2024

"Os praceres da nosa terra" do Mesón Ferreiriño foi a tapa gañadora do concurso Val de Quiroga de Tapas que se desenvolveu entre o luns 18 ata o martes 26 de marzo con dez establecementos participantes.

O alcalde de Quiroga, José Luís Rivera, e a delegada na zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), Beatriz Vila contaron os votos para estimar o gañador. Ademais, os concelleiros Luís Manuel Arias, Antonio Marcos e, en representación do Concello de Ribas de Sil, Rosa Ma Quiñones, foron os encargados do reconto de votos e de comprobar que todos os cartóns estivesen debidamente selados.

O concurso que este ano se presentaba coa novidade de que se incorporaban novos establecementos do concello veciño de Ribas de Sil, contou cunha alta participación: 223 foi o total de tapacartóns debidamente selados que estaban depositados nas urnas.

De todos estes tapacartos, 80 votaron para a tapa do Mesón Ferreiriño, que se alzou co premio, unha placa conmemorativa e 100 euros en metálico.

Todos os participantes que completaron a degustación das tapas e votaron á tapa que máis lles gustou entraron nun sorteo no que podían gañar diferentes premios: 200 euros e 100 euros en metálico; un menú degustación no restaurante Playa da Cova; unha visita guiada para dous na adega Val do Frade de Vilachá; un menú para dous no hotel Cardenal e comidas e ceas para dúas persoas en Torre Vilariño, Chapakuña 3, Ruxe-Ruxe, Praia Fluvial, A Botica, Mesón Ferreiriño ou o Portón; unha estancia para dúas persoas no Hotel- Restaurante Las Vegas ou cestas con produtos típicos da zona: Aceiroga, Atrium Vitis, Casa de Outeiro, Caurelor, EDV 2015 e Lar de Ricobao.