O libro 'Esgrafiado galego. Un museo ao aire libre' de Mar López foi presentado en Monforte

RibeiraSacraXa
A tenente de alcalde de Monforte, Gloria Prada, participou na presentación do libro Esgrafiado galego.
presentación Esgrafiado galego Monforte
10 Feb 2024

A tenente de alcalde de Monforte, Gloria Prada, participou na presentación do libro Esgrafiado galego. Un museo ao aire libre da investigadora monfortina Mar López Sotelo na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.

Mar López Sotelo é unha investigadora monfortina e divulgadora cultural que realiza estudos de campo e etnográficos de Monforte e da Ribeira Sacra. É educadora social, conta cun máster en tratamento educativo da diversidade.

Nos últimos anos, Mar estivo inmersa nun intenso traballo de investigación no que fixo labouras de localización, cartografado e catalogación de esgrafiados atopados nos pobos da Ribeira Sacra.

Tras unha complexa investigación mar conclúe que se trata dunha nova arte, propio de galicia, os “esgrafiados estilo galego”.  O libro presentado en Monforte é a culminación de máis de 12 anos de investigación.

A tenente de alcalde recordou que o Concello de Monforte colabora habitualmente con esta investigadora. En 2022, oConcello colaborou na celebración dunha exposición arredor dos esgrafiados da Ribeira Sacra, que tivo lugar na Casa da Cultura.

0.16018295288086