O IES A Pinguela de Monforte estrea un mural dedicado a Rosalía de Castro elaborado por Noelia Aragundi

A deputada de Cultura, Iria Castro, visitou o IES A Pinguela de Monforte de Lemos, onde estes días a muralista Noelia Aragundi estivo a realizar un mural dedicado a Rosalía de Castro.
A obra, situada no Salón de Actos do centro educativo, enmárcase nunha iniciativa da Vicepresidencia da Deputación que se desenvolve desde hai seis anos en centros escolares e espazos públicos da provincia. O obxectivo é achegar e poñer en valor a figura de Rosalía de Castro como unha das principais referentes da literatura galega e tamén como símbolo cultural e feminista.