O hórreo romano de Proendos acollerá a presentación da programación da Feira do Viño de Amandi

RibeiraSacraXa
O hórreo romano de Proendos acollerá a presentación da programación da Feira do Viño de Amandi que terá lugar en abril
Hórreo romano de Proendos Sober
Hórreo romano de Proendos Sober
4 mar 2023

O Concello de Sober anunciou que o Concello de Quiroga será o convidado de honra da XLIII Feira do viño de Amandi, que se vai celebrar os días 31 de marzo, 1 e 2 de abril, coincidindo como é habitual coa fin de semana do Domingo de Ramos.

Hoxe, ás 12.00 horas o goberno local dará a coñecer no hórreo romano de Proendos a programación do Mes do Amandi e da Feira do viño, xunto co cartel anunciador, obra do deseñador gráfico de Arzúa Daniel Camino Barral.

Este ano por vez primeira a feira dará comezo na xornada do venres pola tarde e xa están inscritas 23 adegas da subzona de Amandi.