O grupo Grolo actuará na Foliada de San Xurxo en Eixón, na Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
O vindeiro venres, 26 de abril, celebrarase a Foliada de San Xurxo en Eixón, na Pobra do Brollón, co grupo Grolo a partir das 20.
16 Abr 2024

O vindeiro venres, 26 de abril, celebrarase a Foliada de San Xurxo en Eixón, na Pobra do Brollón, co grupo Grolo a partir das 20.15 horas no seu local social.

Así, aproveitando a proximidade ao Día do Libro, animan aos asistentes a levar un libro para intercambiar. Tamén haberá unha caixa de suxestións para compra de libros da Biblioteca municipal.

Ademais do libro, as persoas participantes deberán levar unha cunca e culler para o caldo comunitario cortesía da Asociación veciñal de Eixón e desfrutar tamén da música.

0.18605995178223