O Gran Camiño regresará á provincia de Lugo cunha etapa entre A Pobra do Brollón e Pedrafita do Cebreiro

LugoXa | SarriaXa | RibeiraSacraXa
O percorrido completo coñecerase nas vindeiras semanas
Presentación da etapa raiña do Gran Camiño 2025
Presentación da etapa raiña do Gran Camiño 2025
30 Nov 2024

Lugo vai ser o escenario da  etapa máis montañosa de O Gran Camiño 2025. Así o confirmaron esta mañá Ezequiel Mosquera, director da carreira, e Efrén Castro, vicepresidente da Deputación de Lugo, durante o acto de formalización do apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo á proba ciclista, que este ano contará con cinco etapas – unha por provincia e outra en Portugal-.

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, presentou a etapa raíña, que se desenvolverá entre A Pobra do Brollón e Pedrafita do Cebreiro. “Levabamos tempo falando destas opción porque temos unha alta montaña dura e preciosa para o espectáculo. Polas datas sempre tiñamos dúbidas, pola posibilidade de que a neve puidese condicionar o desenvolvemento da etapa. Desta volta, a organización optou por intentalo, dispoñendo de antemán alternativas para reaccionar no caso de que a meteoroloxía non sexa favorable”. O clima é difícil de prever, pero a organización ten previsto de antemán alternativas para reaccionar no caso de que a meteoroloxía non sexa favorable”.

Sen adiantar máis datos sobre o percorrido, que se desvelará nas vindeiras semanas, o director da carreira  Ezequiel Mosquera apuntou que “vai ser unha etapa grata de ver e con puntos icónicos de Galicia que temos que ensinar porque este proxecto supón promoción do territorio” lembrou Mosquera.

Unha contrarreloxo individual en Sarria na primeira edición, unha etapa entre Lugo e Sarria (con paso polos concellos de Guntín, Portomarín, Taboada, Chantada, O Saviñao, Pantón, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Bóveda, o Incio e Samos), na segunda, e un itinerario pola Ribeira Sacra Lucense (Taboada, Monterroso, Palas de Rei, Guntín, Portomarín, Paradela, O Saviñao e Chantada), na terceira edición completará  o mapa lucense do Gran Camiño. 

Alejandro Valverde, gañador da primeira edición, e Jonas Vingegaard, vencedor nas dúas seguintes, forman o palmarés da proba, que contou desde a primeira edición co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo no obxectivo de consolidar no calendario unha gran volta ciclista que situase Galiza no calendario do ciclismo internacional.

0.16543197631836