O goberno local de Quiroga denuncia que os traballos de retirada de árbores afectan á traída da auga municipal

RibeiraSacraXa
O goberno local de Quiroga denuncia que os traballos de retirada de árbores afectan á traída da auga municipal
Traída da auga Quiroga
Traída da auga Quiroga
25 Abr 2023

O Concello de Quiroga informa aos veciños de que os traballos de retirada de árbores queimados seguen afectando á traída da auga de Quiroga.

Os traballadores do servizo de augas municipais  tiveron que actuar para evitar que os traballos de retirada de madeira queimada na zona de captación afectase a auga dos depósitos.

Aínda que as chuvias non foron moi intensas, os traballos de corta de madeira queimada obrigan a realizar pistas e movementos de terra, polo que acaba arrastrando esta terra ao río Ferreiriño, onde se colle a auga da traída municipal.

Para evitar que a auga sucia entrase aos depósitos da Ermida, o lugar de almacenamento e distribución da traída municipal que abastece ás parroquias de Quiroga, Hospital e a Ermida, os operarios municipais cortaron a entrada nestes depósitos e foi preciso restablecer xa a entrada para evitar que os veciños quedasen sen auga nas billas, explican desde o goberno local.

Así, o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, denunciou ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil que se está traballando con maquinaria pesada, enturbando a auga de captación, nun acuífero autorizado pola confederación para a captación de auga, sen respectar as medidas necesarias nestes casos.

0.17871403694153