O festival Trece Roeis regresa á Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa
Máis dunha vintena de artistas regresan á zona da Ribeira Sacra grazas ao festival Trece Roeis, que nace no 2019
trece roeis fest portada
18 Aug 2022

O festival Trece Roeis chega de novo ao concello de Pantón durante este venres 19 e o sábado 20 de agosto con máis dunha vintena de artistas invitados.

Nesta edición o cartel está formado por artistas como El Drogas, Lágrimas de Sangre, Boikot, Herdeiros da Crus ou a Banda da Loba, entre outros.

A parte da zona onde terán lugar os concertos, o Trece Roeis Fest ofrece a tódalas persoas asistentes ao festival zonas de acampada de balde (ata cubrir aforo) que contarán con servizos básicos de WC e duchas que están no pavillón polideportivo, na mesma ubicación.

As zonas de acampada están abertas dende o xoves 17 de agosto ás 16h00 e pecharán o martes 23 de agosto ás 12.00 horas.

A acampada está a 500 metros do escenario Vibra Mahou, da Feira 13R, de parte dos concertos e da zona gastronómica.

O festival contará tamén con espazos infantís dedicados aos máis cativos. Nos que se farán unha morea de actividades de forma didáctica, tratando que sexan o máis dinámicas e motivadoras posibles para os nenos.

Haberá tamén unha tenda durante a fin de semana da celebración do festival onde se poderán mercar os produtos oficiais desta edición.

Para calquera dúbida, pódese consultar a páxina da organización do festival https://treceroeisfest.com/

trece roeis fest
programa trece roeis
0.14968395233154