O festival Música na Rúa atrae a máis de 35 bandas ata Escairón

RibeiraSacraXa
O festival Música na Rúa, que terá lugar entre os días 4 e 7 de agosto, atrae a máis de 35 bandas ata Escairón
musicanarua osavinao
musicanarua osavinao
15 jul 2022

O Festival Música na Rúa, que este ano chega a súa duodécima edición, encherá Escairón de catas musicais, coloquios, sendeirismo e ata un ciclo de cinema musical. Terá lugar do 4 ao 7 de agosto, nun prado sobre o Río Miño, na aldea de Fión.

O certame dará este ano 'un paso adiante, con 35 bandas e a incorporación de numerosas actividades', según explicou o director do festival, Emilio Vázquez, que estivo acompañado na presentación polo director de Agadic, Jacobo Sutil, o alcalde de O Saviñao, Carlos Armesto, e as representantes de Superbock e Adegas Moure, Cláudia Santos e Paloma Rodríguez Moure, respectivamente, e Lara Vázquez, responsable da loxística do festival.

O artista Soto Asa, unha das novas estrelas emerxentes da música urbana, encabezará o cartel do festiva. Soto Asa ten colaborado con artistas da talla de Yung Beef e mesmo Bad Gyal, e conta cunha multitude de seguidores, coa lúa singular mestura de trap, reggeatón e música electrónica.

Polo espectacular recinto en plena natureza da Ribeira Sacra, pasarán tamén  artistas como Albany, a musa do sad trap -trap triste-, a modelo e dj de música techno Sita Abellán, o colectivo navarro Chill Mafia e artistas que están experimentando un gran crecemento como Rusowsky, VVV Trippin´you, Somos la Herencia ou La Élite. Todos estes grupos marcan un novo espírito xeracional alternativo, e a eles súmanse tamén artistas locais como Scairon Jonhanson, Methone ou EQX.

'É a primeira vez que Agadic apoia a este festival, e tamén é o noso obxectivo promover eventos que teñan lugar en provincias do interior, como Lugo e Ourense e dinamizar estas zonas' explicou o director da Axencia Galega de Industrias Culturais da Xunta de Galicia, que destacou 'o cariño con que o fai unha familia e o cartel tan diferenciado, con grupos emerxentes'.

Polo festival pasarán arredor de 100 músicos durante os catro días de duración e 30 persoas traballarán cada día para ter organización e orde. Este ano, o certamen ofrece a novidade de numerosas actividades que terán lugar, complementando a programación musical. Entre elas estarán as catas musicais, rutas de sendeirismo e kaiak, coloquios sobre a industria musical emerxente e un ciclo de cine musical, que gardará relación coas bandas que pasan polo festival. Estas actividades terán lugar no Espazo O Faiado de Abadía da Cova, na Sala Avenida ou na Praia fluvial de A Cova. Todo este completo programa de actividades, darase a coñecer nos vindeiros días.

Ata hoxe ás 12.00 horas do mediodía estará disponible a oferta inicial do abono a só 35 euros + gastos de xestión para os catro días de festival, incluídas as actividades, na plataforma www.teuticket.com. A partir desa hora o prezo dos abonos aumentará a 45 euros + gastos de xestión. Desde esa hora tamén se poderán mercar entradas diarias individuais, cuxo prezo o xoves 4 de agosto, coa presenza de Albany, será de 20 euros; o venres 5 de agosto, con Soto Asa como cabeza de cartel, o prezo será de 25 euros e o sábado 6, coa presenza de Rusowsky, terá o mesmo prezo de 25 euros, ós que sempre hai que sumar os gastos de xestión. Haberá un tope máximo de só 500 entradas diarias individuais, e as primeiras 350 persoas que merquen un abono serán as que teñan acceso directo ó evento pechado de fin de festival con Sita Abellán, a DJ techno que saltou  á fama internacional por protagonizar o  polémico videoclip de Rihanna 'Bitch better have my money'.

Camping e autobuses

Outra das novidades desta XII edición será a creación dunha zona de acampada á beira do festival, acondicionada, habilitada tamén para autocaravanas, con acceso controlado e dotada de duchas. Esta zona de acampada créase coa idea de promover unha maior conexión do público cos incribles espazos naturais desta zona da Ribeira Sacra. A zona de acampada estará á beira do recinto principal do festival e moi cerca tamén da zona de baño da praia fluvial da Cova, no espectacular paraxe do Cabo do Mundo, no Río Miño, e o prezo por persoa para os catro días do festival será de 10 euros + gastos de xestión.

Haberá unha liña de autobuses gratuíta desde as 17.30 horas, que conecta o centro do núcleo urbano de Escairón, na Sala Avenida, coa Praia da Cova, con paradas diante da zona de acampada e da entrada do recinto do festival. Haberá autobuses cada media hora, de regreso ao centro do pobo, ata as 6.00 horas da madrugada.

Desde a organización do festival recoméndase evitar na medida do posible o uso de vehículos individuais e utilizar o transporte colectivo ou mesmo optar por desprazarse a pé, dado que non son grandes distancias.