O Festival Mundial de Ilusionismo chega a Sober da man de Nacho Samena

RibeiraSacraXa
O Festival Mundial de Ilusionismo chega ao concello de Sober da man de Nacho Samena, maña ás 20.30 horas na Praza do Toural
maxia sober portada
maxia sober portada
27 Ago 2022

Moitos municipios de Galicia están a desfrutar este ano enchendo as rúas de maxia co Festival Mundial de Ilusionismo. Este evento, chega maña domingo a Sober co mago Nacho Samena.

Maxia do máis alto nivel a cargo dos mellores e máis laureados ilusionistas do momento que executarán números inesquecibles.

Público de tódalas idades poderá asistir ao programa Maxia na Vila, ás 20.30 horas na Praza do Toural. Un evento organizado e producido por Pedro Bugarín e Dani Polo.

TRAXECTORIA

Nacho Samena é un mozo de Lucca que vén de conseguir un importante recoñecemento máxico na cidade de Madrid. Malia súa xuventude, a súa maxia é directa, innovadora e chocante.

Compaxina a maxia coa súa faceta musical, que se centra actualmente en realizar concertos como pianista acompañante, teclista en grupos musicais e completar a súa formación musical  no  Conservatorio Superior de Coruña, na especialidade de Piano-jazz.

Malia súa corta idade, Nacho Samena leva máis de 15 años no mundo da maxia. Realiza shows para todo tipo de eventos (empresas, colexios, asociacións, bares ou comuñóns). Principalmente fai dous tipos de shows: shows de maxia de salón-escena e shows de maxia de preto nos que se move entre a xente facendo maxia a pequenos grupos, que ven efectos imposibles a escasos centímetros dos seus ollos.

Participou en prestixiosos festivais de maxia e en febreiro deste ano recibiu o Primeiro Premio do Concurso de Novos Talentos do XII Festival Internacional de Maxia Madrid (concurso no que presentou unha rutina moi persoal na que integraba maxia e música).

Samena tivo o privilexio de aprender con moitos dos magos máis recoñecidos a nivel nacional e internacional mentres cursaba entre 2017 e 2021 o Programa de Ilusionismo e o Gran Maestro Ilusionista no Real Centro Universitario Escorial-María Cristina.  Ambos títulos recoñecidos pola FISM (Federación Internacional de Sociedades Máxicas).

maxia sober
0.18369913101196