O festival Eidos de Outono chega esta fin de semana ó Courel

RibeiraSacraXa
O festival Eidos de Outono chega esta fin de semana a Folgoso do Courel, unha mestura de poesía, danza e música
eidos outono courel portada
eidos outono courel portada
28 Out 2022

As montañas do Courel convértense no escenario perfecto para acoller esta fin de semana a terceira edición do festival Eidos de Outono, unha mestura de poesía, danza e música.

Con entrada libre ata completar aforo, os asistentes poderán desfrutar o sábado 29 das actuacións de Anxo Moure ás 12.30 horas na Escola María Mariño en Parada e posteriormente, a partir das 16.00 horas será a quenda da danza no campo da feira de Seoane. Poderanse ver interpretacións de Mikel Arístegui, Cia Kirenia Danza ou Furia Sotelo e Mounqup ás 18.00 horas. Todas estas pezas pertencen a compañías de danza contemporánea estreitamente vencelladas ó territorio rural galego.

O día finalizará coa actuación de varios djs a partir das 23.00 horas no café-pub Hydra, en Seoane.

Para o domingo 30 de outubro está prevista a actuación de varios poetas convidades como Antón Reixa, Mercedes Martínez Modroño, Sara Plaza e Miguel Anxo Fernán Vello que recitarán e compartirán lecturas únicas da poesía de Novoneyra.

O obxectivo desta iniciativa é principalmente o de lembrar a figura de Uxío Novoneyra na súa casa natal, coincidindo co XXIII cabodano do poeta.

Pola noite haberá tamén unha sesión da man de djs residentes na terraza do pub Hydra de Seoane.

eidos outono courel
0.16087412834167