O Faladoiro de Quiroga contará coa participación da emprendedora Silvia Martínez

RibeiraSacraXa
Silvia Martínez, quiroguesa e veciña de Ribas de Sil, será a nova convidada do faladoiro deste mércores, 27 de novembro
O-Faladoiro-Quiroga
Faladoiro, Quiroga
26 Nov 2024

Este mércores, 27 de novembro, haberá unha nova sesión do Faladoiro na Biblioteca do Centro Social de Quiroga, que contará cunha nova convidada. Trátase de Silvia Martínez, veciña de Ribas de Sil, que abordará temas como o emprendemento e a creatividade.

O Faladoiro está organizado dende o departamento de Servizos Sociais do Concello de Quiroga e nesta xuntanza explorarase un tema fundamental na vida: a aceptación, pero non como sinónimo de resignación, se non como recoñecemento da realidade que nos permite medrar e atopar a paz.

Os faladoiros desenvólvense os derradeiros mércores de cada mes na Biblioteca do Centro Social. Trátase dun espazo aberto á veciñanza para a socialización, o coñecemento e a participación cidadá, onde tras unha breve presentación da persoa convidada, unha charla co moderador introduce un tema no que os participantes poden intervir con preguntas ou contando as súas propias experiencias.

Silvia Martínez formouse en economía e marketing e, no ano 2021, dediciu emprender o proxecto ‘Barvantia’, relacionado co Camiño de Santiago e a través do que ofrécense actividades organizadas para aqueles que fan o Camiño en autocaravana ou camper.

0.1540858745575