O especialista en neuroeducación Jesús Guillén impartirá unha charla en Monforte

RibeiraSacraXa
O especialista en neuroeducación Jesús Guillén impartirá unha charla en Monforte organizada por AulAberta de Monforte
Charla Jesús Guillén
Charla Jesús Guillén
15 Mar 2023

AulAberta de Monforte organiza para esta tarde, 15 de marzo, ás 20.15 horas unha charla impartida por Jesús Guillén, especialista en neuroeducación.

A Casa da Cultura de Monforte ‘Lois Pereiro’ acollerá esta actividade que tratará das funcións executivas do cerebro claves do éxito.

As persoas que queiran participar poderán facelo de forma gratuíta.

Jesús Guillén

O encargado de impartir dita charla, ademais de especialista en neuroeducación, é membro da Cátedra de Neuroeducación na Universidade de Barcelona e é o autor do blog 'Escuela con Cerebro'.

Ademais, escribiu o libro 'Neuroeducación en el aula, de la teoría a la practica' e 'Neuromitos en educación'.

Charla Jesús Guillén
0.20912408828735