O Espazo Xove de Chantada ofrece actividades gratuítas para a mocidade

RibeiraSacraXa
O Espazo Xove de Chantada, situado na Rúa de Rosalía de Castro, 66; promove actividades gratuítas para a mocidade nun punto de encontro onde poden participar de obradoiros e iniciativas nas que estean interesados para a súa formación ou lecer.
15 Xan 2023

Así, os luns poderán asistir á actividade Enredados na rede, un curso de informática básica, de 17.30 a 19.00 horas e os martes poderán pasar a tarde nun obradoiro de pintura ao óleo, de 16.00 a 20.00 horas.

En canto aos mércores, estes serán os días con máis iniciativas, cos obradoiros de Cestería e cerámica, Fotografía dixital e Reciclaxe artística, os tres de 16.00 a 18.00 horas, e tamén un curso de teatro, de 18.00 a 20.00 horas.

Os xoves volverá a haber Enredados na rede, de 17.30 a 19.00 horas e, como novidade, impartirase un obradoiro de radio.

Por último, os venres, os asistentes participarán nunha actividade de faladoiros, onde poderán conversar e discutir sobre temas de actualidade.

Estas actividades desenvolveranse ata marzo, xunto con outras iniciativas como exposicións e eventos que desenvolve o Espazo Xove de Chantada.

0.18281698226929