O Espazo Xove de Chantada acolle un obradoiro teatral sobre igualdade

RibeiraSacraXa
O obradoiro terá lugar o vindeiro mércores, 24 de marzo, ás 18.30 horas. O aforo é limitado polo que hai que reservar praza.
miniatura espazo xove chantada obradoiro
miniatura espazo xove chantada obradoiro
22 mar 2021

O Espazo Xove de Chantada apostou este ano por celebrar de xeito conxunto o Día Internacional da Muller, que se conmemorou o pasado día 8 de marzo, e mailo Día do Teatro, que será o vindeiro sábado, e farao cun obradoiro teatral e lúdico.

A actividade pretende ofrecer aos participantes distintos recursos para fomentar a igualdade de xénero, traballando aspectos como a educación emocional para a convivencia ou a linguaxe non sexista e inclusiva.

O obradoiro terá lugar o vindeiro mércores, 24 de marzo, a partires das 17.00 horas. O aforo é limitado, polo que as persoas que desexen participar deberán reservar a súa praza no teléfono 982 87 02 58.

cartel espazo xove chantada obradoiro