O Espazo Xove de Chantada acolle a exposición 'A manchas ou a raias?'

O Espazo Xove de Chantada acolle a exposición '¿A manchas ou a raias?' da ilustradora Estefanía Padullés.
A mostra recolle as ilustracións orixinais e mailo texto do conto que leva o mesmo título, da ilustradora e bióloga catalana asentada en Paradela.
A historia 'A manchas ou a raias?' fai fincapé na importancia de respetar a diferenza e de non prexuzgar a ninguén. Faino a través da historia de Leo e Gresa, un leopardo e unha tigresa, que deben vencer os seus medos para aprender o valor da diferenza.
As súas ilustracións trasládannos a unha selva que a autora describe á perfección, con estampas cheas de color nas que predominan os lilas e os ocres, moi chamativas para os máis pequenos e que estimulan a imaxinación.
A exposición pode visitarse no Espazo Xove de Chantada ata o vindeiro 9 de abril.
