O escritor Xabier Quiroga regresou ao Círculo Saviñao para presentar a súa última novela, ‘Alguén ao lado’

RibeiraSacraXa
A obra afonda na amizade e nas dificultades que atopan as persoas á hora de quererse e comprenderse
xavier-quiroga-circulo-saviñao
4 May 2026

O escritor Xabier Quiroga regresou ao Círculo Saviñao para presentar a súa última novela, ‘Alguén ao lado’, nun acto celebrado ante socios e veciños.

A obra, recentemente publicada, afonda na amizade e nas dificultades que atopan as persoas á hora de quererse e comprenderse. O autor estivo arroupado durante o evento por compañeiros de Escairón, nun ambiente próximo e participativo.

O acto contou coa intervención do presidente da entidade, quen foi o encargado de introducir tanto a nova publicación como a traxectoria literaria de Quiroga, lembrando tamén as ocasións anteriores nas que o escritor presentara as súas obras no mesmo escenario.

Xabier Quiroga foi finalista do Premio Xerais no ano 2001 e conta cunha destacada traxectoria recoñecida con galardóns como o Premio da Crítica en 2009 e 2014, así como o Premio Arcebispo San Clemente en 2016.

0.098215818405151