O escritor e historiador Francisco Rodríguez presentará o seu novo traballo este sábado en Monforte

O escritor e historiador Francisco Rodríguez presentará o vindeiro sábado 25 de abril, ás 12.00 horas, o segundo volume da súa obra ‘Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza: un reino con clase dirixente’ O acto terá lugar no Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos, e está organizado pola Asociación Cultural A Xacia.
O libro afonda na etapa medieval do reino de Galiza, abordando un período caracterizado pola súa estabilidade e desenvolvemento. A obra analiza o papel das clases dirixentes, a súa coherencia política e as estratexias adoptadas nun contexto histórico complexo.
Entre os contidos tratados destaca o estudo da saga dos Castro, con especial atención a Fernando Ruys de Castro, figura clave na oposición aos Trastámara. Tamén se abordan cuestións como as relacións con Portugal, as alianzas coa burguesía e o papel das vilas e cidades na evolución da conciencia colectiva galega.