O equipo benxamín do Club Voleibol Ribeira Sacra clasifícase para o Campionato de España

RibeiraSacraXa
A praza conseguiuse este sábado en Rianxo, nunha xornada na que o conxunto rematou en terceira posición
equipo-benxamin-club-voleibol-ribeira-sacra
27 Apr 2026

O equipo benxamín do Club Voleibol Ribeira Sacra acadou a clasificación para o Campionato de España, que se disputará do 19 ao 21 de xuño no Pavillón Polideportivo Pisuerga de Valladolid.

A praza conseguiuse este sábado en Rianxo, nunha xornada na que o conxunto rematou en terceira posición. Porén, o feito de que Rianxo repetise como campión galego e de liga permitiu que o segundo clasificado na competición ligueira ocupase a praza dispoñible para o campionato estatal, circunstancia que favoreceu ao equipo da Ribeira Sacra.

Esta clasificación supón un importante logro para as xogadoras, que se atopan nos seus inicios deportivos e que, baixo a dirección de Yoraxi, acadan así o primeiro gran reto da súa traxectoria. O equipo afrontará agora a cita nacional coa ilusión de gozar da experiencia e seguir sumando aprendizaxe nun escenario de máximo nivel.

0.12106895446777