O encoro de Cachamuiña pecha a tempada cunha elevada participación nas súas actividades de verán

O encoro de Cachamuiña pechou a programación de actividades deste verán cunha elevada participación por parte da veciñanza e das persoas que se achegaron ata este espazo natural do Pereiro de Aguiar.
Durante os dous meses nos que se desenvolveron as propostas, 58 persoas formalizaron a súa inscrición, mentres que o número total de asistentes alcanzou as 478 persoas.
As cifras, segundo o Concello do Pereiro de Aguiar, poñen de manifesto o interese por propostas vinculadas ao deporte, ao lecer e ao aproveitamento do contorno natural do municipio durante os meses de verán.
Desde o Concello agradeceron a participación de todas as persoas que se sumaron ás actividades e contribuíron a converter o encoro de Cachamuiña nun dos espazos de referencia da programación estival do municipio.