O Encontro de Corais da Pobra do Brollón cumpriu dez anos

RibeiraSacraXa
A Casa da Cultura ‘Olga Novo’ acolleu unha edición especial polo décimo aniversario desta iniciativa que reúne cada ano varias formacións corais da provincia
encontro-corais-brollon
28 Apr 2026

A Casa da Cultura ‘Olga Novo’ acolleu o pasado sábado a décima edición do Encontro de Corais, unha cita musical xa consolidada no municipio que reúne cada ano varias formacións corais da provincia.

No encontro participaron a Coral Polifónica Escola de Música Samoeiro, dirixida por Alfonso Campos; a Coral Polifónica de Guntín-Taboada, baixo a dirección de Miguel Yáñez Lage; e a Coral Francisco Añón da Serra de Outes, dirixida por Alejandro Guillermo.

O público asistente puido gozar dun programa variado interpretado polas tres agrupacións, que ofreceron unha tarde dedicada á música coral e á convivencia cultural.

Ao remate das actuacións, o Concello fixo entrega aos directores das corais dunha botella de viño de Vilachá como detalle de agradecemento pola súa participación. Ademais, as persoas asistentes foron convidadas a uns pinchos de confraternización, nun ambiente distendido que puxo o broche final ao encontro.

0.11972904205322