O documental 'Quererla es crearla' proxectarase no Círculo Saviñao

RibeiraSacraXa
O Círculo Saviñao acolle o vindeiro sábado, 14 de xaneiro, a proxección do documental 'Quererla es crearla', unha película dirixida por Cecilia Barriga, e coa colaboración de
12 Xan 2023

O Círculo Saviñao acolle o vindeiro sábado, 14 de xaneiro, a proxección do documental 'Quererla es crearla', unha película dirixida por Cecilia Barriga, e coa colaboración de Creemos Educación Inclusiva, que recolle historias sobre a educación inclusiva.

A proposta de Cecilia expón con fidelidade a reivindicación colectiva que comparten todas as historias, pero sobre todo reflicte o revolucionario que resulta vivir a vida propia ao ritmo e co coidado que das necesidades das demais persoas e o potencial transformador de convivir.

As historias que se repasan no filme tratan feitos reais da historia: a loita legal da familia Quella polo dereito de Rubén a estudar nun centro ordinario, o encontro do grupo Estudantes pola Inclusión coa Ministra de Educación de España, o percorrido de Raúl Aguirre e a súa familia para exercer a súa autonomía, as redes de apoio mutuo entre familias que foron xurdindo en torno os dereitos das persoas nomeadas pola discapacidade e o proceso de transformación colectiva do colexio La Parra para dar cabida e resposta a todo o seu alumnado.

0.2003481388092