O Divercamp 2026 levará actividades durante todo o verán a Manzaneda

O Concello de Manzaneda organiza unha nova edición do Divercamp 2026, unha proposta de verán dirixida á infancia e mocidade que ofrecerá actividades durante os meses de xullo e agosto.
O campamento desenvolverase entre o 1 de xullo e o 31 de agosto, en horario de 9:00 a 14:00 horas, e está destinado a participantes con idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos.
A programación incluirá diferentes actividades pensadas para combinar lecer, aprendizaxe e convivencia. Entre as propostas previstas figuran actividades deportivas, xogos, ximkanas, obradoiros creativos, Naturarte, actividades temáticas, cociña, xogos de auga, roteiros, sesións de cine, actividades relacionadas coa ciencia e xogos tradicionais.